RADIO PIRENAICA / MACUTO

RADIO ESPAÑA INDEPENDIENTE Estación Pirenaica – "Aquí, Radio España Independiente; estación pirenaica, la única emisora española sin censura de Franco... transmitiendo por la onda...". Así se llamaba una radio clandestina que funcionó desde el 22 de julio de 1941. Se despidió el 14 de julio de 1977, emitiendo desde Madrid la sesión inaugural de las Cortes y con estas palabras: "Si nuestra labor ha servido en algo para la reconquista de la democracia, damos por bien empleado el esfuerzo".

RADIO MACUTO

Cando a información provén de rumores e bolos. É interesada ou non está totalmente contrastada, dise que procede de Radio Macuto e por extensión tamén da Pirenaica. Hai que ter en conta que unha boa parte das informacións, -interesadas ou non-, proceden en principio dunha filtración, rumor ou run-run que vai progresivamente avanzando ou é desmentido con contumacia, non sempre veraz. Radio Macuto funciona, sobre todo, cando falta información e entón fanse hipóteses e elucubracións. - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - ... ¿Qué din os rumorosos ...,

TRANSLATOR

Con Romayo, estamos ahora:

lunes, 9 de mayo de 2011

¡ Vaite mirar !, ainda podes ter arranxo.


Polas tabernas e bares escoito en moitas ocasións as recomendacións que se fai a xente, dicindo de broma e en serio: vaite mirar, que o mellor aínda estás a tempo, e tes arranxo!
¡ Vai a consultarche, a ver se che encontran algo, porque a túa cabeza non para.

!Ese esta tararí, está para alá !
A ese fáltalle un parafuso ou varias ferveduras!
Está como unha tarteira. Ou como unha cabra, chota.
Agora decátome que o propio Presidente Barack Obama dos Estados Unidos, opina que toda dúbida sobre a pertinencia do axustizamento de Osama Bin Laden é merecedora dunha visita ao psicólogo. Calquera que se pregunte se o autor de semellantes crimes en chan americano non se merecía acabar como acabou necesita que lle miren a cabeza, declarou o mandatario na cadea CBS.
Durante a entrevista, Obama tratou de borrar as dúbidas sobre a legalidade da operación na que se deu morte a Bin Laden. "Calquera que se pregunte se o autor de semellantes crimes en chan estadounidense non se merecía acabar como acabou necesita que lle examinen a cabeza", declarou.
E, efectivamente, tal como anda o panorama pensamos que a OMS (Organización Mundial dá Saúde), debería iniciar unha campaña de revisión mental a nivel mundial, incidindo sobre todo nos que teñen responsabilidades, como dirixentes e clase política.
Saltarían moitas alarmas ao examinar a certos personaxes como: Berlusconi, Sarkosy, Chavez, Gadafi, Os Castro, ......
E xa no noso país esa ITV, deberían pasala: Camps, Orella, Aznar, Pajín, .... e moitos máis.
E se imos achegando o zoom, chegaremos ata moi cerquiña, no mesmo ámbito autonómico, local e de proximidade, que para que ninguén se senta aludido deixaremos unicamente no Alcalde de Vigo.
Nesa redada de revisión mental, atoparíanse moitas patoloxías psíquicas e mentais, tales como: trastornos da personalidade, egocentrismos, teimas persecutorias, problemas bipolares, paranoias, esquizofrenias..... Puf, un magallón.

1 comentario:

  1. Hola!!
    Permiteme presentarme soy Melannie, administradora de un directorio de blogs, visité tu sitio y está genial, me encantaría poner un link de tu blog en mi sitio web y por mi parte te pediría un enlace hacia mi web y asi beneficiar ambas webs con más visitas.
    Si estas de acuerdo no dudes en escribirme a melannieagurto@gmail.com

    Éxitos con tu blog.
    Un Saludo
    Melannie.

    ResponderEliminar

Comentarios

Etiquetas

Entradas populares más vistas

Entradas

Vistas de página en total