RADIO PIRENAICA / MACUTO

RADIO ESPAÑA INDEPENDIENTE Estación Pirenaica – "Aquí, Radio España Independiente; estación pirenaica, la única emisora española sin censura de Franco... transmitiendo por la onda...". Así se llamaba una radio clandestina que funcionó desde el 22 de julio de 1941. Se despidió el 14 de julio de 1977, emitiendo desde Madrid la sesión inaugural de las Cortes y con estas palabras: "Si nuestra labor ha servido en algo para la reconquista de la democracia, damos por bien empleado el esfuerzo".

RADIO MACUTO

Cando a información provén de rumores e bolos. É interesada ou non está totalmente contrastada, dise que procede de Radio Macuto e por extensión tamén da Pirenaica. Hai que ter en conta que unha boa parte das informacións, -interesadas ou non-, proceden en principio dunha filtración, rumor ou run-run que vai progresivamente avanzando ou é desmentido con contumacia, non sempre veraz. Radio Macuto funciona, sobre todo, cando falta información e entón fanse hipóteses e elucubracións. - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - ... ¿Qué din os rumorosos ...,

TRANSLATOR

Con Romayo, estamos ahora:

jueves, 12 de noviembre de 2009

MUNICIPAIS 2011 - A precampaña promete animada.

A precampaña promete animada.

No medio das crises e corrupcións actuais, prodúcese en Ares o pistoletazo de precalentamento do que será a campaña ás Municipais 2011.

Os actos consisten en ceas para confraternizar e sondar aos simpatizantes e veciños que se animen.
Queda aínda moito tempo, polo que as enchentas repetiranse periodicamente, xunto con declaracións e confección de listas e programas.

Este sábado 14, corresponde a cea de "Nova Alianza" e pode servir de sondaxe a se esta formación poderá ser a "chave ou bisagra" do futuro goberno local.

RIFA POPULAR
A cea do "Partido Popular" xa se celebrou fai varias datas.
E, por certo, que parece que tivo algunha animación e follón. Como resultado desta disputa, posiblemente salga a renuncia, abandono ou cesamento do edil que ocupa o segundo posto na Lista actual de M. Cendán.

O devandito concelleiro conservador, segundo rumores, armou unha rifa e trifulca implicando ao veterano e ilustre personaxe do partido, Romay Becaría que asistía invitado, como figura, á cea.

Loxicamente PSOE e BNG seguirán a ruta gastronómica, presentando tamén os seus balanzos e proxectos para a nova contenda polo bastón de mando.

Pensamos que non se albiscan maiorías absolutas, polo que hai que desexar que ¡Deus reparta sorte toureira!

Etiquetas

Entradas populares más vistas

Entradas

Vistas de página en total