RADIO PIRENAICA / MACUTO

RADIO ESPAÑA INDEPENDIENTE Estación Pirenaica – "Aquí, Radio España Independiente; estación pirenaica, la única emisora española sin censura de Franco... transmitiendo por la onda...". Así se llamaba una radio clandestina que funcionó desde el 22 de julio de 1941. Se despidió el 14 de julio de 1977, emitiendo desde Madrid la sesión inaugural de las Cortes y con estas palabras: "Si nuestra labor ha servido en algo para la reconquista de la democracia, damos por bien empleado el esfuerzo".

RADIO MACUTO

Cando a información provén de rumores e bolos. É interesada ou non está totalmente contrastada, dise que procede de Radio Macuto e por extensión tamén da Pirenaica. Hai que ter en conta que unha boa parte das informacións, -interesadas ou non-, proceden en principio dunha filtración, rumor ou run-run que vai progresivamente avanzando ou é desmentido con contumacia, non sempre veraz. Radio Macuto funciona, sobre todo, cando falta información e entón fanse hipóteses e elucubracións. - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - ... ¿Qué din os rumorosos ...,

TRANSLATOR

Con Romayo, estamos ahora:

martes, 11 de marzo de 2008

Coas cousas para comer non se xoga

Lin nun xornal estes días, que na porta dun restaurante brasileiro pon un cartel que discrimina o prezo do menú en función das sobras que deixes no prato: 7,90 se non as deixas, 10 en caso contrario.
E aínda engade unha explicación que di: «Queremos que coma a gusto, que repita cantas veces queira e que salga satisfeito, pero tamén queremos que non deixe sobras no prato”.
.
E recordei un curioso cartel que tamén vira nun restaurante en Pensilvania (USA), fai preto de vinte anos.
Dicía entre outras recomendacións: Special: Kids pay what they weigh, é dicir "Especial: Os nenos pagan segundo o seu peso".
E efectivamente, os nenos pasaban por unha báscula onde lle daban un tícket para abonar o menú, despois de que comesen canto quixesen.
.
E xa falando para comer ata fartar, tamén teño outro recordo de ir celebrar unha comida de compañeirismo a Viveiró unha pequena aldea do concello lucense de Muras.
Unhas poucas casas arredor dunha chaira central, a igrexa e o cemiterio compoñen o lugar, construído en pedra e lousa nos tellados, como é norma na zona.
Alguén que xa coñecía o lugar levounos a unha casa de aldea onde daban para comer aos famentos con menú caseiro e popular, o que significa, entre outras cousas, que o menú é abundante, moi abundante, abundantísimo...
.
Lembro ben esa miña única visita a ese lugar, en compaña duns compañeiros, haberá preto de quince anos.
Para entrar abríronnos as portas dá propia cociña para cruzar por ela ao comedor.
Sentados nunha longa mesa, para media ducia de comensais, agardamos polo menú, pois chegamos un pouco cedo.
¿Vaian picando algo mentres acabamos de preparar para comer?, indicáronnos, deixando na mesa unha gran fonte de xamón e chourizos dá casa e un queixo enteiro, sen encetar, xunto cunha cesta de pan, viño dá casa e gasosa.
Era cousa xa abundante e aínda habería de sobrar.

Pero despois chegaron á mesa uns lagostinos acabados de cocer, arroz con costelas, polbo, un guiso de patacas con carne, cocido suficiente para dar para comer a un rexemento... non sei se por esa orde ou por outra calquera.
E non sei que terían preparado para despois do cocido, porque nese intre rogamos que non puxeran mais para comer na mesa.
Debeu ser unha rendición covarde á que non estaban acostumados na casa, que rapidamente apareceu a vella doa pola porta dá cociña para botarnos un sermón: ¿Para comer so isto non era preciso chegar ata aquí?, dixo.
E foise cunha netiña que estaba cun libriño quizais deprendendo a ler.

Como era polo Antroido aínda nos puxeron filloas e orellas con mel, e café de pota, ademais dun bo augardente.
O escándalo chegou á hora de pagar. Non recordo o que foi, pero moi barato nos pareceu.

Etiquetas

Entradas populares más vistas

Entradas

Páginas vistas en total